En 1881, Marcel, con catorce anos, seguindo os pasos de Maurice, vai
vivir a París, á casa do seu tío materno León Cahun, que era na ocasión
director da Biblioteca Mazarine. En realidade, a casa estaba na
Biblioteca e ambas formaban parte do edificio do Instituto de Francia,
fronte ao Sena, a Ponte das Artes, e o Louvre. Marcel vivía pois
literalmente -e literariamente- nunha biblioteca e pasaba os días lendo
marabillado todo o que podía, non só os autores novos e vellos, como
Dickens, Defoe, Twain, Poe, Shakespeare e Whitman, senón moitos outros
folios, incunables e documentos que lle chamasen a atención.
Páxina 10 (introducción de Xosé Miranda)
Vidas imaxinarias de Marcel Schwob, editado por Aira no 2017. Aportado por Anxo
Neste blogue búscanse e amósanse parágrafos de obras literarias (novela, poesía, teatro, relato curto...) nas que aparece a palabra BIBLIOTECA. Para que o blogue funcione cómpre a colaboración d@s lector@s. Se eres lector@ e queres colaborar, cando atopes a palabra biblioteca nalgunha novela, poema, ou texto teatral que esteas a ler manda un email ao enderezo anacosconbiblioteca@gmail.com co texto que inclua a palabra e indica título do libro, autor, editorial, ano edición, páxina e o teu nome.
Mostrando entradas con la etiqueta Vidas imaxinarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vidas imaxinarias. Mostrar todas las entradas
jueves, 23 de agosto de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
