Mostrando entradas con la etiqueta viaxe de Gagarin (A). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxe de Gagarin (A). Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de septiembre de 2015

A viaxe de Gagarin

"-A nosa biblioteca secreta! Non sei que sería peor, que descubrisen isto ou as caixas de tipos -comentou mamá, mentres eu contemplaba apampado o que alí había.
Achegueime a aquel inesperado tesouro. Collín algunhas das revistas, que estaban ordenadas por cabeceiras e por datas: Nova Galicia, Mundo Obrero, A Voz do Pobo, Cuadernos de Ruedo Ibérico... Nin me soaban nin as vira nunca pola casa; se meus pais as lían, tiña que ser cando se recluían naquel cuarto."       páx 208
"Comezou a ser habitual velos con libros en galego, de autores que eu non coñecía nin vira nunca pola miña casa. Ante a súa insistencia, tamén me animei a lelos por curiosidade. Algúns daqueles volumes, que nunca lles devolvín, aínda os conservo na miña biblioteca, como testemuña daqueles anos intensos: Longa noite de pedra, Vento ferido, Cousas ou Merlín e familia."     páx 220
A viaxe de Gagarin; Agustín Fernández Paz. Xerais. Aportado por JMV