Mostrando entradas con la etiqueta MANUEL RIVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANUEL RIVAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de enero de 2022

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste

 

páx 121

-Mira o que descubrín na biblioteca, nun libro, O simbolismo animal, do señor Mariño Ferro.

páx 122
A metade da minúscula mesa, con apoio na parede, ocupábaa a súa "biblioteca", con algún libro propio e os emprestados da prisión.

páx 125
-Tatino...
-Tatino, hostias! Falas cos funcionarios, co bibliotecario, co director da prisión para montar o show das estrelas e a min nin unha palabra.

páx 135
Agarrou a Nel polo ombreiro e cravouno no chan.
- Non quero que volvas á biblioteca!
-Teño que devolver os libros.
-Os libros que os devolva Camagüey.

Así foi como eu entrei por vez primeira na biblioteca. E como coñecín a Milos.

páx 136
biblioteca estaba baleira e un sentíase moi a gusto, sen o cheiro a prisión.

páx 139
É o que ten a relixión, con todo o morbo dos pecados, con tanta virxe e tanto santo sen desafogo, que lle pon todo a punto de caramelo a calquera barrabás. Aí ten razón Milos, o bibliotecario.

páx 140
Mostrouma sen darma. Aquela letra de formiga.
-Esta. Recoñeces a letra, verdade? Leváchela ti.
-Eu?
-Leváchela ti. Dentro do libro que entregaches hoxe na biblioteca.

MANUEL RIVAS; Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. Ed Xerais, 2018.

Aportado por JMV

martes, 14 de diciembre de 2021

Zona a defender

 


páx 15

[...] Os opositores decidiron acampar alí en 2010, uníronse aos labregos e moita xente acabou cultivando a terra. Non foi un camiño de rosas. Houbo grandes operativos policiais para expulsalos  e derrubaron cabanas e espazos colectivos como a biblioteca.

páx 26
Defendo a eco-biblioteca do futuro, a barca dos libros. Eu tamén quero contar unha historia. A da barca dos libros. Consérvase unha foto que por si soa significa unha historia alternativa da cultura. É a dunha barca-biblioteca das Misións Pedagóxicas de Galicia. Percorría aldeas mariñeiras, [...]. Na psicoxeografía contemporánea, as bibliotecas públicas, as librarías e os ateneos autoxestionados serán e son os "almeiros", os espazos limpos de medo, igualitarios, [...]

páx 98
É difícil atopar un momento más feliz nesa historia ca o das bibliotecas das Misións Pedagóxicas chegando ás aldeas máis afastadas de a cabalo ou en barcas.

páx 103
Ao pouco de inaugurarse, puiden visitar a nova gran biblioteca de Guadalajara (México). Cando entrei, o edificio estaba case baleiro. Foron chegando grupos de mozos e chamoume a atención que a maioría ía na mesma dirección, e con présa. Seguinlles os pasos.

páx 147
Despois de moitas dificultades, o soño de Pidal púxose en marcha no albor da II República, dirixido por outro sabio lendario, Tomás Navarro. Un heroe de verdade: asumiría a dirección da Biblioteca Nacional de España en 1936, no período cruento de asedio e bombardeos fascistas de Madrid, e conseguiu manter a salvo o gran tesouro bibliográfico.

MANUEL RIVAS; Zona a defender. A esperanza indócil. Ed. Xerais. 2020

Aportado por JMV