Mostrando entradas con la etiqueta Xosé Monteagudo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xosé Monteagudo. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de abril de 2023

Un tipo listo

px 84

Más dunha tarde a min tocábame realizar os cálculos máis sinxelos, que el revisaba logo para verificar que o resultado fose o correcto, así que cando soubo que eu me estaba afeccionando a ler poesía e novelas e que os curas que gobernaban o San Gabriel non só o toleraban senón que incluso me daban pulo, foi falar co director e pediulle que me limitase o acceso á biblioteca e que me impedise retirar esa clase de libros.

px 126
-Despois de falar co ex-interventor fun á biblioteca -proseguiu o detective-. Pedín un libro que se titula Represión e corrupción: as dúas caras da moeda. Coñéceo?
-Non.

XOSÉ MONTEAGUDO; Un tipo listo. Ed. Galaxia. 2009

Aportado por JMV

sábado, 21 de enero de 2023

Todo canto fomos

Nesta miña casa de Pontevedra, tan chea de libros e de papeis de todo tipo, no baúl que hai na biblioteca encontrarás entre as miñas cousas varias follas manuscritas. Nelas escribín todo o que recordo dalgúns momentos significativos da miña vida. Pax. 14

Ao rematar o xantar, Martín conduciu a Anxo á sala. Alí, o primeiro que fixo foi ir cara a biblioteca e ollar os títulos dos libros. Durante varios minutos permaneceu examinando os lombos de coiro e de papel que cubrían os estantes. Pax. 34

Mentres as dúas visitantes se dedicaban a examinar os libros da súa biblioteca particular e os pequenos cadros que fixera nas súas clases de pintura, que estaban ciscados contra unhya das paredes do estudo, Carlota procuraba poñer orde nos coxíns que cubrían o sofá situado no fondo do cuarto, onde adoitaba tumbarse a ler.
      -Se tives un cuarto coma este para min soa non querería saír nunca á rúa -díxolle Estela. Pax. 40

Ese era o momento en que o avó se ofrecía a coller algún dos múltiples libros da súa biblioteca e, antes de comezar, líalles o título do libro e faláballes un pouco do autor. Logo sentaban as dúas rapazas no sofá e el colocaba os seus lentes redondos para comezar a lectura. Pax. 178

Para atender o Silabario (tal era o nome que escollera para a librería) contratara un dependente, Tomás Santos, un mozo que estaba ben ilustrado en literatura clásica, grazas á biblioteca familiar que herdara dun seu avó. O mozo era calado, pero coñecía ben o que tiña á venda, e co seu traballo cubría perfectamente as necesidades do negocio. Iso permitíalle a Amaro dispoñer de todo o tempo de lecer que necesitase. Pax. 256

De entre a pequena biblioteca persoal que ao longo dos meses anteriores reunira na vivenda da escola, eses días gustaba de ler sobre todo historias dramáticas e relatos de vidas azarosas e cheas de dificultades. Pax. 266

Pero Alexandre estaba decidido a deixar a pel para unir de novo a todos os galeguistas baixo unhas siglas comúns coas que concorrer a todas as eleccións que se convocasen de alí en diante. Desde ese instante non tivera descanso. Anxo encontrábao a miúdo na biblioteca estudando cuestións técnicas e redactando informes e memorandos ou víao no parladoiro do Mendez Núñez, onde Bóveda debatía asuntos políticos con Castelao e con Pedro Basanta. Pax. 275

Detrás desa primeira novela, da súa biblioteca privada chegoume unha boa cantidade de títulos en préstamo. Os escritores hispanoamericanos máis recentes mesturábanse cos europeos e norteamericanos, cos galegos e con algúns de xeografías remotas. A narrativa daba paso á poesía e os autores modernos combinábanse cos clásicos na particular selección que facía para min. Pax. 354 e 355


Monteagudo, X. (2018).Todo canto fomos. (1ª ed., 5ª impr.). Galaxia 
Aportado por Anxo