Brooklyn Follies de Paul Auster. Editado por Galaxia no 2006. Páxina 83
"Tom contaba coa bolsa, pero vivía co limitado orzamento dun estudante de postgrao, completado cun traballo a tempo parcial na biblioteca universitaria para chegar a fin de mes. Falaron de chamar ao pai a California para pedirlle un préstamo, máis finalmente descartaron a idea. E outro tanto co padastro, Philip Zorn, que seguía en Nova Jersey. Rory pasara os anos dda súa belixerante adolescencia revolucionando a casa cos escandalos que montaba, e a ningún dos dous lle gustaba a idea de irlle pedir axuda a un home que chegara a desprezar a súa fillastra no fragor das batallas campais daqueles tempos. Aínda que el nunca lle dixo unha palabra á irmá sobre o tema, Tom sabía que caladamente Zorn culpaba a filla da morte da súa mai. Fixéralle pasar a June por un verdadeiro asedio de desgustos e aflicións, un tormento cuxa única recomponsa fora o regalo inesperado de poder criar a netiña."Anaco aportado por Anxo