Mostrando entradas con la etiqueta Huston. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Huston. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de abril de 2014

Marcas de nacemento


"Marcas de nacemento" de Nancy Huston editado por Rinoceronte no 2012, páxina 206

"Mamá e Peter alias "papá" non previron nada para manterme ocupada no verán, e ese nada vénme moi ben. Eles están ocupados todo o día no estudio de gravación, o que os estimula e os pon de bo hurmor. Preto da nosa casa hai unha biblioteca, mamá tráeme moreas de libros para nenos e o verán convértese nunha especie de paraiso sen fin no que podo comer, ler e durmir ao meu gusto, e no que cas non hai regras externas. En cato ás regras internas, pois... aínda que o Inimigo segue a vixiar todos os meus actos e xestos con ollo crítico, parece que polo de agora decidiu manter un perfil baixo; dende que nos mudamos non me berrou, nin me obrigou a mancarme. Mesmo podo vestirme sen demasiados tormentos, aínda que tamén é certo que no verán sempre resulta máis doado."
Anaco aportado por Anxo