Mostrando entradas con la etiqueta Pedro Feijoo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pedro Feijoo. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de enero de 2023

Os fillos do mar

 pxs 35-36

-Agarde un intre na biblioteca, Simón. Dona Isabel está a atender unha chamada no despacho. Avísoa de que xa chegou, e deseguida está con vostede.
O secretario deixoume na porta do que supuxen debía ser a biblioteca, e, como da vez anterior, desapareceu por onde viñera. Adentreime polo miña conta na nova estancia que, efectivamente, resultou ser a biblioteca da casa.

px 38
Ernest xa a levaba a través da biblioteca, cara ao corredor, presumiblemente ao seu cuarto.
[...]
Quedei só na biblioteca, rodeado de ecos que aínda non era quen de comprender con claridade.

px 67
Imaxinei que debera haber algún tipo de relación entre a familia e o artista, xa que o día que estivera agardando por dona Isabel na biblioteca puiden recoñecer un retrato dunha noviña señora Llobet asinado polo pintor.

px 88
Ao señor Màxim Clará, dona Isabel quixera deixarlle en herdo unha colección de libros de medicina do século XVIII que se gardaban na biblioteca da Casa Grande, dos que, segundo se indicaba no propio testamento, dona Isabel tiña boa constancia de que sempre foran de moito interese para o seu amigo o doutor Clará.

px 266
Recordei a conversa que escoitara desde a biblioteca, dona Isabel berrándolle a alguén ao outro lado do teléfono.

px 382
- [...] Pasoulle o aviso, e logo de varias chamadas por parte do estranxeiro, finalmente a conversa rematou en discusión -decateime de que Mariña me estaba a falar da chamada que eu escoitara desde a biblioteca a tarde que fora presentarlle os planos a dona Isabel-.

PEDRO FEIJOO; Os fillos do mar. Xerais narrativa, 11ª edición, 2019.

Aportado por JMV

lunes, 31 de agosto de 2020

Un lume azul


 -Escoite, procure acougar, a primeira vista non parece que teña vostede ningunha ferida de consideración - indícalle logo dun recoñecemento rápido, co home recostado nunha das cadeiras de brazos da biblioteca, xunto á cheminea-. Reláxese, aquí está a salvo. Que é o que lle ocurreu?. Pax. 107


O médico volve achegarse ao home e intenta consolalo de novo. Pero non o consegue. No seu lugar, o único que fai o estraño é caer nun pranto aínda maior. Desconcertado, Parrado vese superado pola imaxe dese home, chorando sen consolo fronte á cheminea da súa biblioteca. Pax. 109


Inmóbil no medio da biblioteca, Parrado comprende que as cousas acaban de torcerse moito, moitísimo, á vez que, aos poucos, o home na cadeira de brazos comeza a levantar a cabeza. Pax. 111


A casa parece en orde. O xardín en calma. O lume aínda acendido na cheminea da biblioteca...

Pero todo cambia en canto baixamos ao soto. Pax. 151 e 152 


Faise a un lado para cederme o paso e guíame pola casa ata unha especie de biblioteca, onde me indica que entre. Pax. 296


Malia agardar algo así, a vista non deixa de impresionarme. Porque a ese lado xa non hai árbores e, asomada a unhas das paredes do cabo, a casa ofrece unha vista privilexiada da ría de Vigo, desde o cabo Estai á dereita ata as illas Cíes ao fondo. Sigo coa mirada posta no embarcadoiro privado, alá abaixo, cando a porta da biblioteca se abre ás miñas costas. Pax. 297


-Troitiño díxonos que no seu momento el tamén o sinalou, pero vese que ninguén fixo demasiado caso das súas indicacións. O incendio comezou na biblioteca, lonxe de onde atoparon o corpo, de maneira que todos seguiron dando por boa a versión do accidente. Pax. 375


-A de que caese polas escaleiras sen apagar o famoso braseiro -continua Santos-. Ou sexa, que polo motivo que fose, a muller sae da biblioteca, vai ao piso de arriba e, cando volve a baixar, cae, parte o pescozo e aí queda, seca e deixando o cacharro aceso e sen ninguén que o controle, ata que, ao final, este prende e leva a casa por diante. Fin da historia. Pax. 376


Feijoo, P. (2020). Un lume azul (2ª ed.). Vigo: Xerais.

Aportado por Anxo