Mostrando entradas con la etiqueta MANUEL GAGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANUEL GAGO. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de agosto de 2021

Nus

 

páx 33

Mesmo o salón-biblioteca do meu pai na Coruña parecía máis emocionante.


páx 89
O meu irmán pasaba o día estudando. Horas na facultade, e logo continuaba na biblioteca do colexio co resto dos médicos.`

páx 133
-[...] Púxenvos xuntos porque sei que os dous ledes moito. Encarniña, eu lembro este rapaz de neno toda a vida cun libro na man, agachado nun recanto da biblioteca de Gosende.

páx 222
No meu colexio maior, a biblioteca comunal agachábase baixo uns plafóns do teito do corredor. Cando unha vez se avariaron os halóxenos, un padre trouxo unha escada e moveu os plafóns para ver que lle pasaba á lámpada. Ao retiralo aconteceu a poesía: sobre o cura caeu unha auténtica enxurrada de revistas porno [...]

páx 358
Aproveitei para aventurarme nas lecturas dos meus devanceiros na biblioteca do pazo, á que nunca lle prestara demasiada atención. Sempre me pareceran libros aburridísimos que ademais me facían tusir e me enchían os dedos de minio.

MANUEL GAGO; Nus. Ed. Galaxia 2021
Aportado por JMV