Solar, Mª. (2022). A culpa. Vigo: Xerais de Galicia. Aportado por Anxo
Neste blogue búscanse e amósanse parágrafos de obras literarias (novela, poesía, teatro, relato curto...) nas que aparece a palabra BIBLIOTECA. Para que o blogue funcione cómpre a colaboración d@s lector@s. Se eres lector@ e queres colaborar, cando atopes a palabra biblioteca nalgunha novela, poema, ou texto teatral que esteas a ler manda un email ao enderezo anacosconbiblioteca@gmail.com co texto que inclua a palabra e indica título do libro, autor, editorial, ano edición, páxina e o teu nome.
miércoles, 21 de febrero de 2024
A culpa
sábado, 12 de septiembre de 2020
Os nenos da varíola
O despacho era en realidade a biblioteca do hospital. Despacho e biblioteca, todo xunto. Un lugar de reflexión, repouso, estudo e escrita que compartían os médicos. Todos, evidentemente, eran libros de consulta: tratados científicos, de anatomía, libros sobre enfermidades e tratamentos, escritos e publicacións varias.
[...]
O neno entrou coa cabeza baixa, sen entender moi ben o por que daquela risa tola. Avanzou pola estancia mirando de esguello os andeis cheos de libros. Máis dos que el puidera soñar nunca, e desde logo, máis do que nunca pensou que houbera xente disposta a escribir. (p. 38)
As semanas e os meses correron rápido. Isabel accedeu sen obxección a que Ezequiel botase unha man no hospital para ordenar a biblioteca, un labor ben necesario e importante.
[...]
O labor encomendado na biblioteca consistiría en facer o que lamentablemente nunca ninguén fixera antes en años: clasificar, ordenar, identificar e limpar cada libro, cada tratado, cada revista e publicación. Non era una tarefa doada, debía ler perfectamente. Comprender as materias das que trataba para poder clasificalos seguindo as precisas instrucións do doutor Posse Roybanes. A biblioteca tiña un bo número de exemplares acumulados durante anos. Longos e altos andeis cheos de libros, algúns moi vellos, uns mercados polo hospital e outros doados por distintos médicos que pasaran por alí. (p. 42)
Tras a conversa e a mañá de complicidades, Ezequiel acudiu á cita diaria como asistente da biblioteca. Cruzou o hospicio e seguiu polo edificio do Hospital da Caridade. Tiña o mandado do doutor Posse de ir sempre onda el antes de poñerse a ordenar a biblioteca. (p.71)

