Mostrando entradas con la etiqueta Trampa de luz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trampa de luz. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de agosto de 2020

Trampa de luz

No piso de arriba atópase o dormitorio de seus pais e a biblioteca -o estudio, dinlle ele-. Unha gran mesa rectangular ocupa o centro do cuarto e ao seu arredor sitúanse tres cadeiras, unha por cada membro da familia. Nunha das paredes ábrense as dúas xanelas que dan á horta. Se fose día veríase a través delas a laranxeira que plantara o avó de neno, a figueira da bisavoa coa randeeira ao seu carón. Pax. 11

Máis adiante, tan pronto teña un pouco de vagar, xa verá a parte máis tediosa do asunto. Irene pecha o ordenador, recolle a guía de anfibios e procura o seu sitio na biblioteca. Os estantes están repletos, pois, ademais do milleiro de libros que acumulan, hai entre eles unha manchea de adorno: pezas de cerámica e pequenas esculturas. Pax. 12

A biblioteca é o tesouro de papá. Ás veces, cando se pon a ler e qsquece facer algún so labores da casa que lles corresponden, mamá rífalle enfadada dicindo que uere máis aos libros que a nós. Pax. 15

Agra, A. (2012). Trampa de luz (1ª ed.). Vigo: Xerais.

Aportado por Anxo