miércoles, 10 de diciembre de 2025

Senlleiras

 A biblioteca de Vila Chorima era territorio prohibido para todo o servizo excepto para Dosinda. Só ela tiña a chave, posto que era a encargada de atender do cuarto. A mesma señora lle ensinara como debía limpar o po dos libros.

...
-Quero poder ler os libros da súa biblioteca.
A petición sorprendera á señora. Debía de pensar  que pediría un doce. Quizais un xoguete, unha boneca ou un vestido novo. Pero a Alana todo iso dáballe igual. Para ela, un caramelo ou unha peza de roupa eran insignificantes ao lado dun libro. Os libros podían amosarlle o mundo que os adultos lle agochaban, dábanlle a compaña que ninguén máis lle ofrecía.
...
Cando a señora meteu a chave na pechadura da biblioteca, Alana pensou que se lle escaparía un berro da emoción.  
 Pax. 56 e 57

Tráxico suceso.
 Alda le a toda présa o corpo da noticia. O titular prometía, pero...
-Merda, joder!
Di aquilo demasiado alto e a xente da biblioteca levanta a cabeza para mirala con mala cara. Ela sorrilles, avergoñada, e volve a centrarse na pantalla do ordenador.
Martes, 7 de xuño de 2016. 12:48
Leva alí toda a mañá. A bibliotecaria, moi amable explicoulle que as hemerotecas dos antigos xornais da cidade das que dispñen están case todas en formato dixital. Pax. 119

O problema era que Alana non sentía nada semellante. Era lista, fermosa e culta. Sempre estaba lendo libros da biblioteca da señora, ou os que lle regalaba, ou os que ela mesma compraba co pouco diñeiro que tiña. Pax. 127

Dez anos despois de chegadas as laranxeiras, Alana desfrutaba dalgún privilexio máis á pparte do acceso á biblioteca de dona Sagrario. Pax. 128

-Son André, por certo
Despois da busca na biblioteca, o rapaz empeñáse en acompañala de volta á casa. Alda acepta despois de dubidar un intre. Bieito está de viaxe de negocios; non debería haber problema.
-Eu Alda. Pax. 155

-Coñecina na biblioteca, un día que estaba buscando polas hemerotecas dos xornais da cidade algo que lle axudase a entender o que ocorría na súa casa. Pax. 180

Unha mañá seguín a Alda e levoume á bibliotea, e alí descubrín que buscaba información sobre quen vivira no seu piso antes. Pax. 244

Entraron na biblioteca e Alana sentou no escritorio da señora da casa. Colleulle o papel das cartase dispúxose escribir todo o que non puidera dicir ata aquel momento. Pax. 274

Yañez, A. (2018).  Senlleiras. Galaxia.

Aportado por Anxo


No hay comentarios:

Publicar un comentario