jueves, 12 de junio de 2014

Unha lectora fora do común

"Ela aínda non resolvera o seu problema, pois era consciente de que se marchabasen ningún libro ó señor Hutchings pareceríalle que a biblioteca tiña algunha carencia. Entón, nun andel con volumes de aspecto luído viu un nome que lembraba."

"Unha lectora fora do común" de Alan Bennett, editado por Rinoceronte no ano 2010, páxina 10.

"Tras pecha-lo furgón e arrincar, o señor Hutchings coidou que unha novela de Ivy Compton-Burnett levaría o seu tempo. El nunca dera chegado moi lonxe con esta autora e pensou, con razón que coller ese libro fora un xesto que agradecía, unha xentileza. O concello sempre estaba ameazando con recortes na biblioteca e o patrocinio de tan distinguida usuaria (ou cliente, como prefería chamarllles o concello) non lle faría mal ningún."

"Unha lectora fora do común" de Alan Bennett, editado por Rinoceronte no ano 2010, páxina 11

 Anacos aportado por Anxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario